Cáritas alerta da situación que sofren as «familias máis vulnerables»e fai un chamamento para axudar a persoas maiores e cubrir o banco de alimentos

30 Marzo 2020

Cáritas Ribeira advirte de que a situación derivada da parálise económica e do confinamento que vive o país mentres se loita contra o coronavirus está a resultar especialmente dura para as «familias máis vulnerables». A organización humanitaria da Iglesia, que durante o 2019 xa axudou a subsistir na provincia da Coruña a máis de 37.000 persoas, -das que ao redor de 400 familias viven na comarca de Barbanza- chama a atención sobre o moi difíciles que están a resultar estes días para os coruñeses sen recursos, cuxas penurias se multiplicaron. E, por suposto, para todos cantos carecen de fogar.

Os que podan colaborar, agradecese un donativo de 5, 10, 20 euros, cada un o que poida. Cáritas está recibendo xa chamadas de xente confinada que no ten alimentos en casa e no ten ingresos posto que traballan en mercadillos, chatarra etc. A situación vai ser dura para moitas familias e en Cáritas os recursos están moi limitados. Non esquecer si se fai un ingreso en efectivo ou transferencia poñer nome e D.N.I para desgravar no IRPF 2021. No cartel de abaixo figuran as contas de Cáritas no BBVA e ABANCA.

UN PEQUENO ESFORZO PARA QUE OS NOSOS VECIÑÓS MAIS NECESITADOS NON PASEN UN CALVARIO. HAI MOITOS NENOS QUE NECESITAN A NOSA AXUDA.

Tamén se pode chamar a Serv. sociais e Cruz Vermella e Protección Civil si alguén prefere outro circuito para axudar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.