Cancelado o mercadiño de Boiro que se ía celebrar o vindeiro martes

27 Marzo 2020

Por mor da actual situación de crise sanitaria e estado de alarma, o Concello de Boiro anunciou a cancelación do mercadiño semanal que se ía celebrar o vindeiro martes, só cos postos de alimentación. O Goberno local decidiu suspender a instalación dos postos de venta ambulante tras o decretado no Diario Oficial de Galicia do día 24 de marzo.

O Concello lembra que se ben tiña previsto permitir a celebración da actividade limitando a presenza aos vendedores do sector da alimentación (tomando as medidas de seguridade necesarias e co obxectivo de aliviar a presenza de veciñas e veciños nos supermercados e asegurarlles a posibilidade de adquirir produtos e alimentos frescos de primeira necesidade), finalmente adiouse por mor da decisión tomada esta semana polo Goberno galego de prohibir o desenvolvemento de mercados tradicionais nos concellos até o 31 de marzo.

Do mesmo xeito, tamén se reduciu o horario de apertura do Mercado Municipal de Boiro. Neste senso, o Goberno local sinalou que a praza de abastos está pechada de luns a xoves pola tarde e co aforo controlado, de xeito que só se pode acceder pola porta principal e unicamente un máximo de 50 persoas. “Estas medidas”, explica o Concello, “prolongaranse durante e tempo que dure o estado de alarma e condicionadas a calquera variación que determinen as autoridades sanitarias autonómicas ou estatais”.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.