Boiro constitúe unha Comisión Municipal da Evolución do COVID-19

16 Marzo 2020

O Concello de Boiro continúa implantando medidas entre o persoal para a prevención de contaxios por coronavius. Neste senso, o goberno local reuniuse esta mañá co Departamento de Persoal e Recursos Humanos para tomar decisións en materia de seguridade no traballo.

Desde o referido departamento estudan a maneira de articular fórmulas para o teletraballo e a flexibilidade horaria, de maneira que o persoal poida, por unha banda, conciliar a súa vida persoal coa laboral e, pola outra, establecer quendas para non coincidir no mesmo espazo con compañeiros e compañeiras e previr así os contaxios.

No que respecta a persoal non administrativo, procedeuse a redistribuír as quendas, asegurando as distancias, e á dotación de vestiario laboral indicado para esta situación de emerxencia sanitaria que garanta a súa seguridade e saúde.

Desde o Concello tamén manifestan que se van garantir uns servizos de persoal, como son a Policía Local, Protección Civil, recollida de lixo e limpeza viaria, pero sempre coidando que cumpran as medidas de seguridade.

Así mesmo, seguindo as indicacións da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo coronavirus, esta mañá constituíuse unha Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19, formada polo alcalde, concelleiros e concelleiras delegados, o Oficial-Xefe da Policía Local, o Coordinador-Xefe de Protección Civil e a Xefa dos Servizos Administrativos Municipais. O obxectivo desta comisión de seguimento é ver como evoluciona a alerta para ir adaptando as medidas á situación cambiante que se está a desenvolver.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.