Boiro Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19

24 Marzo 2020

O Concello de Boiro celebrou esta mañá a segunda Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 para facer unha análise da situación e tomar novas medidas. A sesión deste órgano de coordinación tratou de facer un análise do funcionamento dos distintos protocolos que se están levando a cabo no Concello de Boiro para facer fronte á pandemia do coronavirus, tanto en materia de servicios sociais e atención a persoas de especial vulnerabilidade, como de limpeza e desinfección e tamén de seguridade.

O Servizo de Axuda a Persoas en Situación Vulnerable está funcionado sen incidencias gracias á coordinación que se fai desde Servicios Sociais con Protección Civil e as entidades locais de Cáritas e Cruz Vermella. Os voluntarios están atendendo a casos puntuais que precisan alimentos, bens de primeira necesidade ou medicinas e tamén outros casos de familias que precisan deste servicio de maneira reiterada.

Os operarios municipais encargados da limpeza viaria están realizando tamén tarefas diarias de desinfección e limpeza de maneira diaria en todas as parroquias do municipio para chegar a todos os núcleos de poboación. Nas zonas urbanas están facendo especial incidencia onde hai supermercados e farmacias, os lugares con maior afluencia de xente. Os operarios están prestando especial atención na desinfección de mobiliario público, contedores, parques infantís, barandillas e zonas de paso… No referente á seguridade e control do cumprimento do Estado de Alarma, a Policía Local está facendo de xeito continuo advertencias á poboación de que non se pode saír para máis que o estritamente necesario. Esta actividade de control seguirase desenvolvendo e intensificando nos próximos días, tanto a Policía Local como os demais corpos de seguridade.

No caso de supermercados e outros establecementos de primeira necesidade que permanecen abertos, estanse cumprindo as medidas de seguridade e saúde pública, respectando as distancias e outras medidas como utilización de guantes e limpeza de carros e cestas da compra, que son manipuladas por moitas persoas.

O Concello de Boiro está facendo tamén un inventario de material das distintas instalacións municipais para garantir o subministro entre os empregados públicos e ver tamén que material se pode poñer a disposición do Centro de Saúde ou Hospitais Comarcais no caso de que o necesiten.

Na xuntanza estiveron presentes o alcalde, José Ramón Romero, o teniente de alcalde, Luís Ruíz, a concelleira de Persoal, María Outeiral, o Coordinador de Protección Civil e o Oficial-Xefe da Policía Local.

Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 en Boiro

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.