As mulleres do sector pesqueiro galego en Madrid para dar visibilidade aos seus oficios, no marco do Día Internacional da Muller Traballadora

07 Marzo 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe ás mulleres do sector pesqueiro galego que participaron na concentración convocada na praza de Colón para mostrar a toda España as peculiaridades e características das profesións das mulleres do mar. No marco do Día Internacional da Muller, as traballadoras do complexo mar-industria de Galicia e do resto de España -como mariscadoras, percebeiras, redeiras,
pescantinas ou biólogas, entre outras- mostran ata as 18,00 horas de hoxe nos Xardíns do Descubrimento os traxes, instrumentos e aparellos que empregan no seu día a día co obxectivo de darlle visibilidade ao seu importante labor e á dureza dos seus oficios.
O acto, que se enmarca nas accións promovidas pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), súmase a outras como unha campaña para dar visibilidade ás profesións femininas da pesca a través das redes sociais mediante fotografías de traballadoras durante a súa xornada de traballo.
A conselleira do Mar, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, enxalzou a importancia da muller no sector pesqueiro galego e animou a Anmupesca a seguir con este tipo de iniciativas para dar a coñecer á sociedade a contribución feminina ao mundo do mar, unha contribución sen a que a cadea mar- industria de Galicia non sería a mesma. Declaracións da Conselleira na concentración en Madrid: Audio.
Anmupesca é unha organización sen ánimo de lucro constituída no 2016 en Madrid e desde aquela desenvolve un importante traballo no ámbito do asociacionismo a nivel estatal. Está composta por 31 asociacións de seis comunidades autónomas (Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, Comunidade Valenciana, Andalucía e Madrid) e reúnen a máis de
15.000 mulleres ligadas ao mundo do mar en todo o país en asociación.
No caso de Galicia na pesca extractiva traballan preto de 500 mulleres, o que supón algo máis dun 4% do sector e no ámbito da acuicultura, máis de 1.100, é dicir, máis dun 21% do sector, das que de 700 traballan nas bateas. Dentro do marisqueo a pé, o 70% das persoas que se dedican a esta actividade son mulleres, é dicir máis de 2.600.

ROSA QUINTANA ACOMPAÑA ÁS MULLERES DO MAR DE GALICIA NA SÚA CONCENTRACIÓN EN MADRID PARA DAR VISIBILIDADE AOS SEUS OFICIOS
MULLERES DO MAR DE GALICIA NA SÚA CONCENTRACIÓN EN MADRID PARA DAR VISIBILIDADE AOS SEUS OFICIOS 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.