As axudas PEL-2020 da Deputación da Coruña veñen cun orzamento inicial de 7 millóns

06 Marzo 2020

A Deputación da Coruña vén de convocar as axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2020) dirixidas a pequenas e medianas empresas, autónomos/as, emprendedores/as e concellos da provincia. En termos máis concretos, búscase con estes apoios fomentar o afianzamento e fortalecemento do tecido produtivo, axudando a crear emprego e financiando investimentos que contribúan a modernizar as empresas e facelas máis competitivas. Ou sexa, investimentos que axuden na súa transformación tecnolóxica e dixital. O prazo de solicitudes está aberto ata o vindeiro 24 de marzo.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado responsábel da área de Emprego, José Ramón Riobóo, presentaron este xoves 5 a convocatoria do PEL 2020, salientando que este que vén de comezar é o cuarto ano que se convocan as ditas axudas, que parten dun orzamento inicial próximo aos 7 millóns de euros, dos que 2,5 millóns se destinan a subvencionar a contratación de traballadores/as, 1,3 millóns a financiar novos investimentos en empresas de recente creación e 3 millóns a financiar as contratacións nos concellos.

Tamén explicaron que dende a súa creación en 2016, o Plan de Emprego Local supuxo un investimento de 26,7 millóns de euros, que permitiron a creación de 2.636 empregos directos e subvencionaron investimentos para modernización e mellora de 1.948 empresas coruñesas.

PEL-PEME

A liña PEL-PEME subvencionará ás pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 15.400 euros anuais.

Habilítase tamén unha liña PEL-PEME Mantemento, coa que a Deputación subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador/a cun importe máximo de 11.000 euros anuais.

PEL-Emprende, axudas para investimentos

A liña PEL-Emprende está destinada a autónomos e empresas da Coruña con menos de cinco anos de antigüidade e sede social en calquera dos concellos da provincia. As axudas cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, útiles, mobiliario e equipos para procesos de información. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.

PEL- Concellos crea emprego e mellora os servizos públicos

A Deputación da Coruña consigna tamén este ano unha partida de 3 millóns de euros para apoiar aos concellos da provincia na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos. O organismo provincial publicou onte no BOP a convocatoria do PEL-Concellos 2020 á que poderán acollerse os 82 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes. En función da porcentaxe de persoas desempregadas coas que conte o municipio, as subvencións para as contratacións oscilarán entre os 19.000 e os 52.000 euros.

O prazo remata o 24 de marzo

A solicitude das axudas só poderá realizarse co envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL da Deputación. Todos os anexos requiridos para a presentación das solicitudes poderán ser descargados na plataforma, na sección correspondente ás diferentes convocatorias. O prazo de presentación remata o vindeiro 24 de marzo ás 14.00 horas.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

“Benvidos campións” – Antón Luaces

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.