Anuladas oficialmente as eleccións autonómicas do 5 de abril

18 Marzo 2020

A Xunta de Galicia aprobou o decreto consensuado polos principais partidos nun encontro do Goberno galego que se celebrou excepcionalmente na Estrada, na sede do 061 e onde se reúne o equipo de coordinación da crise sanitaria derivada do COVID-19. Unha decisión tomada despois de que a Xunta Electoral de Galicia, na sesión de hoxe, examinase o referido texto legal.

Neste senso, o organismo manifesta a necesidade de que para un proceso electoral se dean “as condicións adecuadas para o seu desenvolvemento en liberdade de concorrencia, votación e execución sen solución de continuidade. Todo isto como consecuencia da posibilidade das persoas de acudir libremente a actos de precampaña, campaña electoral e votacións.” Por todo isto, na situación actual, considera que “a repetición íntegra do proceso é a que mellor se axusta a estas premisas.”

Engaden que a decisión de que os comicios non se celebren o sinalado día 5 de abril pode adoptarse polo presidente da Xunta de Galicia á vista do estado de emerxencia sanitaria e Estado de alerta declarados.

Así mesmo, a Xunta Electoral de Galicia entende que a relevante función institucional da Deputación Permanente do Parlamento “non é imprescindible para o desenvolvemento deste procedemento en concreto.”

Tamén apuntan que as garantías de pluralismo, participación e transparencia do procedemento contemplado no proxecto de decreto aseguran, ao seu xuízo, as bases necesarias para que, superadas as circunstancias actuais, as eleccións se poidan desenvolver. Igualmente, entende que os elementos temporais referidos á nova convocatoria garanten o inicio do proceso en condicións de igualdade para quen interveña no mesmo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...