Amplíase o prazo de inscrición á primeira convocatoria de consolidación da BFFood

23 Marzo 2020

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia, amplía o período de inscrición de candidaturas á súa primeira convocatoria de consolidación. A data definitiva de peche de recepción de propostas decidirase unha vez finalice o Estado de alarma decretado polo Goberno central con motivo da alerta sanitaria xerada polo coronavirus.

O programa de consolidación da BFFood está enfocado a empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, e aliñadas con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario. A presentación de solicitudes debe facerse a través do formulario de inscrición dispoñible na páxina web da aceleradora: bffood.gal/inscripcion.

Ata seis proxectos poderán ser seleccionados nesta convocatoria de consolidación na que recibirán formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como financiamento mediante un préstamo participativo por parte da Xunta -a través de XesGalicia-, que podería supoñer unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 euros.

A BFFood forma parte da plataforma StartIN Galicia e esta nova convocatoria conta co apoio de grandes empresas do sector que se encargarán do proceso de mentoría dos proxectos que resulten seleccionados: Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Capsa Food (Larsa), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.

Entre as entidades colaboradoras atópanse, ademais, as tres universidades galegas, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Anfaco-Cecopesca, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), que forman parte do comité técnico. Pola súa parte, Gradiant, Coremain, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ASM, Cesga, a Asociación Área Empresarial do Tambre e Sigillum Knowledge Solutions integran o comité asesor da aceleradora.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.