ADEGA e Hábitat estarán esta finde nas praias de Corrubedo, Seráns e Xuño na procura de aves petroleadas

06 Marzo 2020

Ante a máis que preocupante vaga de aves mariñas petroleadas que están a aparecer estes días na nosa costa, moitas delas mortas e outras a piques de estalo, por mor (moi posíbelmente) dun macro-sentinazo ou un vertido a gran escala dos buques que circulan por diante de Galicia, os nosos colectivos ecoloxistas anunciaron que van baixar a area esta fin de semana para facer un exhaustivo seguimento das consecuencias deste novo caso de contaminación marítima e atopar, en caso de habelos, novos casos de paxaros en apuros. Esta acción colectiva de seguimento vén da man dos grupos ADEGA e Hábitat. Inclúense varias localizacións do Barbanza, como as praias de Corrubedo (o sábado dende primeira hora da mañá) e as de Espiñeirido, Seráns, Basoñas, Arealonga e As Furnas (o sábado, tamén, seguramente despois dos labores de control en Corrubedo). Non se desbota que nos vindeiros días se incremente e se amplíe a relación de areais onde facer monitoraxe e acción directa.

Para máis información sobre as zonas actuar e con vistas a incrementar o voluntariado, as dúas organizacións terán activos dous teléfonos cos que contactar: o 651 482 305 (ADEGA) e máis o 699 817 143 (Hábitat).

Os traballos desenvolveranse toda a fin de semana (dende hoxe). Será un dispositivo de control no que se dará cabida a tarefas de recollida de aves e avaliación “deste grave episodio de contaminación mariña”. En total, o voluntariado das dúas entidades acudirá a 12 areais de 12 concellos costeiros distintos da provincia da Coruña, incluídos Ribeira e Porto do Son. Porén, sinalan, “se aparecen máis voluntarios e voluntarias, non se descarta que se acuda a máis areais dos previstos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.