A primavera traeranos menos chuvia e mais calor do normal

19 Marzo 2020

A Axencia Estatal de Metereoloxía acaba de adiantar o prognóstico do tempo para a primavera que empeza este vernes 20 de marzo , concretamente ás 4:49 hora española (3:49 UTC).

Segundo AEMET a primavera terá unha maior probabilidade de que a temperatura media sexa no tercio superior en toda España máis cálido do normal.

En canto á chuvia hai unha maior probabilidade de que en Galicia o período resulte máis seco do normal.

Sobre o inverno resultou moi cálido en Galicia, cunha anomalía media para o conxunto de Galicia de +1.5 C. De feito, foi o terceiro inverno máis cálido da serie desde 1971, só superado polos invernos 1989-90 e 1997-98, e por tanto o inverno máis cálido deste século. Tanto decembro como xaneiro resultaron cálidos (anomalías +0.9 oC) pero hai que destacar o carácter extremo dun mes de febreiro que, cunha anomalía media de +2.9 oC, resulta o máis cálido da serie histórica (1951-2020) en Galicia. A temperatura máxima absoluta do trimestre rexistrouse o 23 de febreiro en Ourense: 25.4 oC. A mínima absoluta, en Xinzo de Limia o 12 de xaneiro: – 8.6 oC. No que se refire ás precipitacións, o trimestre invernal en Galicia resultou normal. O carácter moi seco dun febreiro no que a apenas se alcanzou o 50% dos valores medios quedou compensado por un mes de decembro que se situou na fronteira entre húmido e moi húmido. Esta circunstancia, xunto a un xaneiro no que as cantidades acumuladas supuxeron o 97% dos valores normais, fixo que o trimestre decembro-xaneiro resultase normal, cunha porcentaxe para o conxunto de Galicia do 99% con respecto á media. A primeira quincena de marzo foi máis cálida do normal nas provincias de Lugo e Ourense e normal ou lixeiramente cálida nas provincias da Coruña e Pontevedra. En canto ás precipitacións, as cantidades acumuladas supoñen xa o 100 % dos valores normais do mes completo na maior parte de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.