A Policia Nacional alerta contra as estafas a maiores e contra roubos no patrimonio

25 Marzo 2020

LEMBRE:

Non se debe permitir acceso ao domicilio de persoal de servizos non solicitados.

Non se deben facilitar datos persoais nin datos bancarios a descoñecidos.

A Policía Nacional de Ribeira lembra ás persoas maiores consellos de seguridade fronte a posibles estafas ou delitos contra o patrimonio Non se debe permitir acceso ao domicilio de persoal de servizos non solicitados Non se deben facilitar datos persoais nin datos bancarios a descoñecidos Para facer fronte á expansión do COVID-19 o Goberno de España decretou o Estado de Alarma. Durante este tempo, hanse de ter en conta unha serie de precaucións para evitar ser vítimas dalgún tipo de estafa, precaucións que han de observarse especialmente polas persoas máis maiores, que son máis vulnerables #ante este tipo de feitos delituosos. Por iso, durante este período,

LEMBRE: Non abra a porta nin deixe entrar no seu domicilio a: Persoas que manifesten pertencer a empresas de subministracións do fogar, se vostede non os solicitou. Quen diga ser técnicos, médicos, enfermeiros ou servizos sanitarios, que acoden a realizarlle a proba do coronavirus ou a desinfectar o domicilio. Distribuidores de máscaras e luvas que afirmen representar á Administración. Aqueles que manifesten ser repartidores de alimentos dunha gran superficie. Desconfíe daquelas persoas que lle ofrecen remedios milagrosos contra o coronavirus. Non proporcione datos persoais nin datos bancarios a través do teléfono a descoñecidos.

SE NECESITA AXUDA DA POLICIA, CHAME AO 091.

Outros artigos

Rueda visita no Son ao beneficiario nº 40.000 do Bono Coidado no Fogar

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este martes 14 de xullo que "Galicia vén de acadar os 40.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar", unha medida pioneira posta en marcha pola Xunta e única en España que sitúa a Galicia como un referente na atención á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.