A Policía Local de Rianxo denuncia a oito persoas e un establecemento hostaleiro por incumprir as restricións impostas

20 Marzo 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

Debido ao Estado de alarma decretado pola situación sanitaria derivada do COVID-19, a Policía Local rianxeira, en coordinación coa Garda Civil, atópase efectuando controis estáticos e móbiles por todo o termo municipal para dar cumprimento ao disposto pola autoridade competente.

Ata o de agora foron interceptados, identificados e verificados 87 vehículos circulando polas estradas. Tamén resultaron identificadas 32 persoas das que, verificados os motivos da súa presenza en vías ou espazos públicos, 8 foron denunciadas. Así mesmo, inspeccionáronse 5 establecementos hostaleiros, sendo denunciado 1 deles por incumprir as restricións impostas.

Por outra banda, detívose a unha persoa por un presunto delito de violencia de xénero e procedeuse á investigación xudicial de 2 condutores por circular baixo os efectos do alcohol, un deles por causar un accidente e abandonar o lugar sendo interceptado pouco despois; así como á inmobilización de 1 vehículo por ser detectado discorrendo sen seguro obrigatorio desde o 2016 e sen ITV en vigor desde o 2017.

Desde o corpo policial lembran á cidadanía a obriga do cumprimento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias para conter o coronavirus e solicitan o seu estrito cumprimento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.