A desfeita de Camus, traducida por Xosé Manuel Beiras, preséntase este venres na Pobra

02 Marzo 2020

Este venres 6 de marzo vaise presentar na Pobra a tradución á galego de A desfeita, unha das obras máis destacadas so célebre escritor e filósofo francés Albert Camus, saída do prelo en 1956 co título de La Chute, xusto un ano antes de que lle concederan a Camus o premio Nobel de Literatura. A presentación da Pobra virá da man da Asociación Cultural Barbantia e a editorial Espiral Maior. Contarase coa presenza do tradutor, Xosé Manuel Beiras, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, a ensaísta e tradutora Esperanza Mariño, o presidente de Barbantia, Manuel Cartea, o editor de Espiral Maior, Fernán Vello, e mailo alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro. A cita será no Auditorio Valle-Inclán da Torre Bermúdez (A Pobra) a partir das 20.00 horas.

Respecto da obra que se presenta e que inclúe un prólogo do propio tradutor e un epílogo de Roger Quilliot, considérase en moitos círculos dunha das obras máis interesantes de Camus, cuxo argumento xira arredor das confesións achegadas polo avogado Jean-Baptiste Clamence, quen fala perante un entrevistador a quen non coñecemos e que paseniño vai relevando múltiples detalles da súa vida e do seu traballo (como xuíz penitente), desvelándonos un mundo (o seu) rebordando de soidade e illamento. A obra, considerada un clásico do existencialismo, foi a terceira novela do seu autor.

Respecto do tradutor, Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936), compaxina o seu labor como político, economista e ensaísta, coas traducións ao galego de clásicos da literatura francesa, centrándose especialmente en autores claves do pensamento contemporáneo como Jean Paul Sartre ou Albert Camus.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.