A Biblioteca de Rianxo participa con Kalandraka nos contacontos online en tempos de COVID-19

20 Marzo 2020

Co obxectivo de mitigar os efectos do confinamento forzoso das familias e poñendo o foco no lecer para os máis pequenos nestes tempos de coronavirus e restricións, a editorial Kalandraka e as bibliotecas municipais da nosa terra están a desenvolver na Rede, a través da páxina web Kalandraka.tv, unha iniciativa que permite que as nenas e nenos sigan a desfrutar estes días das sesións de contacontos.

Na iniciativa A Hora do Conto xa participa a Biblioteca Municipal de Rianxo. A elección deste venres 20 (O pequeno indio de Bea, Miguel e Andrés) veu da man da Biblioteca de Rois e podemos vela tamén en Kalandraka.tv.

Esta semana tamén elixiron conto para publicar as Bibliotecas de O Saviñao, Salvaterra de Miño e Miño.

Dende a Biblioteca de Rianxo recomendan encarecidamente os contidos de Kalandraka para o desfrute e a formación da rapazada nestes días de encerro nos fogares, xa que é un dos nosos principais referentes editoriais en materia de literatura infantil e xuvenil e, tamén, polo seu gran esforzo por encher as redes de contidos en galego e de calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...