A Biblioteca da Pobra anuncia unha segunda prórroga aos préstamos que a veciñanza teña nas súas casas

25 Marzo 2020

A lectura sempre está aí para botarnos unha man, mesmo nos intres máis complicados. Esta é a mensaxe que lanza estes días a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal, dende a que veñen de anunciar (por mor da continuidade do estado de alarma) unha nova prórroga para os préstamos de libros e outro material que teñan os fogares nas súas casas. A segunda prórroga faise efectiva dende este mércores 25 e mantense até o 11 de abril. Este prazo pode ser obxecto de novas renovacións en caso de que a situación de alarma se prolongue. A biblioteca tamén aproveitou para facer unha serie de recomendacións para estes días de confinamento, uns tempos complicados para levar a vida que levabamos antes pero moi axeitados para deixarnos carrexar pola lectura e mergullarnos noutros mundos coa axuda das nosas e nosos escritores.

“Nada mellor”, engaden, “que mentres agardamos a que pase esta emerxencia sanitaria saquemos dos estantes algún deses libros esquecidos, ler algún clásico que sempre deixabamos para unha mellor ocasión ou acudirmos ós libros dixitais”. Respecto deste último punto, a Biblioteca da Pobra recomenda que as persoas socias da Rede Galega de Bibliotecas teñen ao seu dispor a plataforma GaliciaLe (https://www.galiciale.gal/), onde continúa a funcionar o servizo de préstamo electrónico. Para calquera dúbida ou problema técnico sobre como tirar proveito da Biblioteca Dixital, as veciñas e veciños teñen á súa disposición o correo electrónico bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com e o teléfono 981 83 16 33 (de luns a venres até as 15 h).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.