30 marzo: España supera a China en contaxios. Lixeira baixa de mortos 812. Fernando Simón posible positivo por coronavirus

30 Marzo 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 30 de marzo.

Así están as cousas:

-7.340 mortos, fronte aos 6.528 do domingo. 812 falecidos nas últimas 24 horas, 26 menos que onte.

– 85.195 contaxiados, fronte aos 78.797 do día anterior. 6.398 casos novos no mesmo periodo.

-16.780 recuperados fronte aos 14.709 do sábado.

-46.617 hospitalizados. O día anterior foron 43.397.


O domingo rexistrouse o peor dato de mortes nun só día.

En Galicia hai  2.925 contaxiados , 74 falecidos e 95 recuperados.

Mentres as últimas novas indican que Fernando Simón deu positivo por coronavirus, á espera de confirmación. O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias tivo síntomas a última noite.

Catalunya supera por primeira vez a Madrid no número de persoas ingresadas en UCI, con 1.512 casos fronte a 1.460.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.