Xico de Carinho e o seu libro-disco Na harmónica centran unha nova conversa na Casa-Museo de Dieste

19 Febreiro 2020

Prosegue o ciclo Conversas na de Dieste, arredor da cultura galega e das grandes contribucións dos autores rianxeiros (poñendo o foco no autor de Dos arquivos do trasno, pero tamén en todo o que xirou e segue xirando arredor del), logo da cita do 23 de xaneiro e do faladoiro-concerto organizado arredor do piano que foi propiedade do escritor, Ortiz & Cusso de comezos do século XX, e que constitúe unha das grandes xoias ca Casa-Museo recentemente remodelada. A nova cita das Conversas será este xoves 20 ás 20.30 horas, novamente na residencia do escritor e co libro-disco Na harmónica de Xico de Carinho (Quico Peña Villar) como protagonista.

Desta volta, a conversa vén da man da Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior.

Na presentación de Na harmónicaintervirán o propio Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns, Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e José Luís do Pico Orjais, quen xa foi un dos participantes na anterior xuntanza na de Dieste.

Para quen no o saiba, Xico de Carinho, é un dos grandes artífices da posta en valor da tradición musical galego-portuguesa, un labor incansábel que se remonta á década dos sesenta e que, polo camiño, foi deixando incontábeis colaboracións cos músicos máis representativos de ámbalas beiras do río Miño. Este máis que destacábel traballo, musical e cultural, relativo aos escenarios pero tamén aos fíos de irmandade que nos unen aos galegos e aos portugueses, culmina este ano 2020 coa publicación do que sería o seu primeiro disco como solista, que será o que se presente este xoves 20 en Rianxo, ao abeiro da colección de libros-CD da Central Folque.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.