SumaRibeira fai un chamamento a mellorar os servizos de limpeza para evitar vertedoiros sen control

17 Febreiro 2020
Vertedoiro localizado no monte de San Alberto nunha imaxe de Chechu Río (Diario de Arousa)

O grupo cidadán SumaRibeira, a través do seu voceiro-concello, Xurxo Ferrón, vén de lanzar un chamamento para pór freo aos vertedoiros incontrolados na nosa contorna. A proposta, que se lanza para ser tratada no pleno da Corporación, consiste en fortalecer o traballo dos Servizos de Limpeza do Concello, para que estes controlen con máis frecuencia os puntos máis sensíbeis de refugallos, lixos e cascallos, dando prioridade ás zonas máis sensíbeis.

Segundo engade a agrupación, cómpre pór freo á práctica de encher o noso medio natural de residuos que non só repercuten negativamente no medio natural e na paisaxe, senón a nivel turístico. Ao fío disto, o fronte cidadá advirte da proliferación de lixos en zonas de interese cultural e turística de gran afluencia de visitantes, como por exemplo o monte da Cidá e a Pedra da Ra, ou o camiño de acceso á Pedra das Cabras, entre outros enclaves.

O grupo tamén pon o foco nas importantes cantidades de refugallos que se teñen detectado en contornas como a zona do Campo, no lugar de Salmón, logo das últimas naves do Polígono Industrial: “Descoñecemos cales son as razóns polas que o Goberno local semella non ter vontade de erradicar ese vertedoiro, senón que ademais é o propio Concello o que usa e permite o seu emprego para depositar cascallos de obras municipais, restos de limpeza, podas e rozas de zonas verdes públicas, permitindo ou non impedindo os vertidos a outros particulares que tamén depositan alí lixos”, sinalan dende o grupo que coordina Xurxo Ferrón, que expón estas tres peticións en concreto:

· Que por parte dos Servizos de Limpeza do Concello “sexan controlados con máis asiduidade os puntos máis sensíbeis de vertidos, lixos e cascallos”.

· Que “se elimine o vertedoiro incontrolado da referida canteira, dándolle un uso en sintonía co entorno natural, como puidera ser unha zona de ocio arborada, ou utilizar unha parte para zona controlada de compostaxe orgánica dos materiais de poda e limpeza de xardíns”.

· Poñer “os medios necesarios para o tratamento e trituración de refugallos de obras e reciclar ou enviar ao punto limpo o resto de lixo, como cacharros de pinturas, electrodomésticos, pneumáticos, plásticos varios ou ferros, entre outros”.

· Comezar un estudo pormenorizado dos déficits estruturais e de aspectos mellorábeis na reciclaxe no concello, “para así levar a cabo unha campaña pedagóxica continuada á cidadanía, para un mellor e maior reciclado dos residuos xerados de todo tipo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.