Suma Ribeira solicita o establecemento de paradas de autobús nas inmediacións do Centro de Saúde

21 Febreiro 2020

A formación Suma Ribeira levará a pleno un rogo relativo ao establecemento de paradas sinalizadas do autobús urbano nas inmediacións do ribeirense Centro de Saúde, tanto no percorrido Aguiño-Castiñeiras-Ribeira coma no sentido contrario. Así mesmo, solicitan que se estableza unha parada sinalizada entre o apeadeiro e a parada do PAC en sentido Aguiño.

Esta petición fundaméntase, segundo explican, no desexo da veciñanza de que o servizo de transporte urbano dispoña dunha parada próxima ás referidas instalacións sanitarias. Tamén indican que as xestións realizadas “informalmente” co equipo de goberno municipal “non se amosaron ata agora eficaces.”

Suma Ribeira engade que consideran “razoable e esixible que as usuarias que acoden para recibir atención médica poidan desprazarse desde os seus domicilios mediante o transporte público urbano”; ademais de que “son obvias as razóns que aconsellan que moitas destas persoas usuarias do PAC de Ribeira teñan que desprazarse a distancia mínima imprescindible para coller o autobús.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.