Stop Deshaucios Barbanza celebra a suspensión do desaloxo fixado para o día 27 en Boiro

24 Febreiro 2020
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza que coordina o ribeirense José Manuel Pena vén de emitir un comunicado no que expresa a súa satisfacción pola suspensión do desaloxo fixado para este 27 de febreiro, relativo a unha familia de Boiro que tiña que marchar da súa vivenda por mor dunha orde de desafiuzamento instada ante o Xulgado nº2 de Ribeira e impulsada polo fondo Buildincenter S. A.

A plataforma lembra que dende o propio departamento dos Servizos Sociais do Concello de Boiro e desde a entidade benéfico social Cáritas da mesma localidade está a traballarse a día de hoxe para atopar unha vivenda axeitada para a devandita familia en risco así como a tramitación do correspondente bono social, ante a propia Xunta de Galicia, para que os afectados poidan deixar de maneira voluntaria o seu domicilio antes do día 29 de maio.

Por outra banda, a plataforma aplaudiu a iniciativa do equipo de Goberno de Boiro en relación á posibilidade de reformar ou rehabilitar as vivendas dos antigos mestres das escolas unitarias do termo municipal, así como tentar conseguir un albergue comarcal “para evitar que calquera persoa, en situación de emerxencia habitacional, teña que durmir na rúa”.

A organización que impulsa José Manuel Pena tamén recorda que está a traballar coa oficina da Valedora do Pobo para conseguir da entidade financeira BBVA a suspensión dun desaloxo, sinalado para o día 5 de marzo, e estúdase a posibilidade da concesión dun aluguer social para unha familia de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.