Ribeira queda sen o cuarto xulgado

07 Febreiro 2020

O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deixou fóra a Ribeira na petición do cuarto xulgado. O Tribunal aproba a posta en marcha de oito novos xulgados en Galicia pero deixa fora a Ribeira a pesar da elevada cantidade de causas procesais que tramita o xulgado ribeirense.

A proposta do TSXG parte do volume de asuntos tramitados en cada territorio e asi a demanda de Barbanza non se menciona, a pesar de que os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial evidencian que a actividade en Ribeira está por riba da de partidos xudiciais como o de Carballo e en niveis similares o de Betanzos, que si conta con catro salas.

O Colexio de Avogados no partido xudicial considera necesario conseguir esa cuarta sala dado que segundo as estadísticas, Ribeira está por riba doutros xulgados. Desde o Concello da capital barbanzán amosan o seu malestar e que a comarca sintese esquecida. De todolos xeitos seguirán pelexando por conseguir ese cuarto xulgado.

Xulgados de Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.