Ribeira,A Pobra e Boiro bótanse á rúa este martes 4 para loitar contra o cancro

04 Febreiro 2020

Este martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e as nosas entidades e colectivos van pechar fileiras arredor da dita xornada, poñendo en marcha actividades de sensibilización e información. Por exemplo a xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro, que anunciou a realización, mañá, dunha campaña divulgativa na rúa Rosalía de Castro, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00. Tamén os outros concellos e Arousa Norte contarán con mesas informativas para dar a coñecer o que facer da asociación e os seus servizos de apoio psicolóxico, atención social e orientación sanitaria. Amais, repartiranse folletos conmemorativos desta campaña.

Segundo informa a xunta local de Ribeira, a campaña diríxese a toda a cidadanía co obxectivo de facer ver ás veciñas e veciños as importantes contribucións que poden facer a prol da loita contra a dita doenza, non só á hora de poñer en práctica métodos de prevención e extensión do coñecemento, senón tamén para participar mobilizando contribucións económicas dirixidas á investigación ou no apoio de persoas enfermas e familiares.

Amais, a Xunta Local lembra que o día 4 de febreiro ás 21.00 h a fachada da Casa do Concello de Ribeira iluminarase en verde, para dar apoio á campaña de prevención da asociación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.