Rianxo celebra o Día de Rosalía con actividades gastronómicas e poéticas os días 24 e 27

21 Febreiro 2020

Rianxo vai conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro (data do nacemento da poeta galega en 1837), cun programa de actividades que xunta o gastronómico, o cultural e, por suposto, o literario. A cerna das actividades desenvolverase os días 24 e 27, cun Caldo de Gloria que se poderá degustar o luns 24 de febreiro, como tapa ou ración, en diferentes establecementos hostaleiros do termo municipal: Bar Abuín, Parrillada Ourense, O Costillar, Cafetería Braisa, Bar Atalaia, O Curral do Marqués, e a Cafetería Santa Columba. A vertente máis institucional reservarase para o día 27.

O programa do xoves está previsto que comece ás 9.45 horas, polas rúas de Rianxo, cun primeiro a acto de homenaxe á autora de Follas Novas: a actividade Lecer con Rosalía, que incluíra un reparto de versos da poeta polos locais hostaleiros de Rianxo (a cargo do alumnado do IES Félix Muriel). Un algo máis tarde, ás 10.30 horas, comezarán as celebracións na praza de Padrón, abrindo cun pregón da man da escritora rianxeira de adopción Helena Villar Janeiro, unha intervención do alcalde, Adolfo Muíños, e máis a colocación dunha coroa de loureiro no busto de Rosalía de Castro.

A xornada conmemorativa rematará cun recital poético e actuacións musicais arredor da autora de Cantares Gallegos, a cargo das alumnas e alumnos do IES Félix Muriel. Retomarase a degustación do Caldo de Gloria nos establecementos que citamos de seguido: Bar Abuín; Parrillada Ourense; O Costillar; Cafetaría Braisa; Bar Atalaia; O Curral do Marqués (fin de semana); e Cafetaría Santa Columba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.