Publicados no BOP os anuncios para a contratación en Ribeira de 12 auxiliares de Polícia Local e de peóns adscritos ao GAEM

06 Febreiro 2020

O Concello de Ribeira vén de informar da publicacións no Boletín Oficial da Provincia de dous anuncios de convocatoria de procesos selectivos para, por unha banda, a formación dunha listaxe con vistas á contratación temporal de 12 auxiliares de Policía Local e, pola outra, para a creación dunha bolsa de emprego cuxo obxectivo será a contratación de peóns adscritos ao GAEM (Grupo de Acción e Emerxencias Municipal).

O Executivo ribeirense lembra que no primeiro dos supostos, é obxecto da convocatoria a formación dunha listaxe para a contratación laboral temporal, a través do proceso de selección de oposición libre, dunha ducia de auxiliares de Policía Local que desenvolverán funcións de apoio no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade. As contratacións iranse realizando ao longo do ano natural 2020, en función das necesidades que teña este municipio en determinados períodos estacionais. O prazo para tomar parte no proceso selectivo nos termos explicados no anuncio no BOP é de 10 días hábiles. A información da convocatoria podemos vela no PDF correspondente.

En cantos aos peóns para o GAEM, perséguese a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal, a través do sistema selectivo de oposición, dun posto correspondente a esta categoría por mor da ausencia do titular do mesmo. Neste caso, o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles. Pódese consultar toda a información ao respecto no PDF habilitado pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.