O Viveiro de Empresas de Ribeira acolleu unha charla sobre as vantaxes e posibilidades do auto-emprego

14 Febreiro 2020

Un total de 13 veciños e veciñas participaron na xornada sobre emprego autónomo que se desenvolveu onte, xoves 13 de febreiro, nas instalacións do Viveiro de Empresas de Ribeira. De carácter gratuíto, a charla estivo dedicada a proporcionar información sobre as axudas existentes para a promoción do emprego autónomo.

A sesión divulgativa e ilustrativa estivo impartida por un técnico da Fundación Ronsel, unha entidade especializada en asesorar, apoiar e consolidar iniciativas de auto-emprego e pequenas empresas. A entidade falou en Ribeira das vantaxes e posibilidades que se abren co auto-emprego (agora que o emprego por conta allea está cada vez máis complicado para as persoas maiores de 30 anos) e co auto-emprendemento (con todo tipo de nichos, sectores e achados de innovación ao noso dispor, moitos deles perfectamente asumíbeis para calquera profesional).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.