O PSdG ribeirense pide mellorar a xestión do Minipunto Limpo da praza do Concello

13 Febreiro 2020

Os socialistas de Ribeira, a través da concelleira Rita Rial, veñen de presentar para ser tratada en pleno unha queixa sobre o funcionamento do punto de reciclaxe e recollida de refugallos eléctricos e informáticos da praza do Concello, o Minipunto Limpo. Segundo indica o PSdG local, se ben o acubillo de material en desuso (CDs, baterías, cartuchos de tinta, bombillas, etc) está a cumprir coa súa misión, a “que non cumpre coa mesma é a empresa encargada de manter o depósito en bo estado”, xa que os receptáculos para os cartuchos de impresora, para os aparellos electrónicos e para as lámpadas de baixo consumo están “cheas a rebordar”, explica a agrupación.

A raíz de todo isto, o PSdG pide que se “efectúe con máis presteza e dilixencia a recollida de material da praza do Concello, co fin de dar unha imaxe dun labor de mantemento axeitado para os usuarios e os veciños en xeral”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.