O PBBI require dotar de varios pasos de peóns ao polígono industrial de Xarás

21 Febreiro 2020
Cedida por PBBI

O grupo municipal do Partido Barbanza Independiente (PBBI) levará ao pleno un rogo para que se estude a regulación do tráfico na zona das dúas rotondas do ribeirense polígono industrial de Xarás con pasos de peóns “en aras de conseguir unha maior seguridade para os transeúntes.”

A formación expón que recibiu peticións para a incorporación de melloras en materia de seguridade viaria, concretamente para os peóns que transitan polo referido lugar. Neste senso, sosteñen que se demanda a prolongación da beirarrúa da glorieta do barco dirección a marquesiña -incluso máis alá- que se sitúa onde a finca de La Soledad ao inicio da estrada que conduce ao cruce de O Vilar e Aguiño, para, a continuación, sinalizar un paso de peóns “e evitar o perigo que actualmente supón cruzar por esa zona que rexistra un elevado volume de tráfico, sobre todo, para os nenos e mozos que collen alí o autobús para ir e regresar de centros educativos, especialmente ás 08.30 e ás 14.30 horas”, engaden.

O PBBI tamén manifesta que lle suxeriron que se pinte un paso de peóns na vía que conduce á gasolineira para que se poida pasar desde a área das vivendas sociais á outra marxe e viceversa. Así mesmo, afirman que se lle deu traslado de que se sinalice outro paso de peóns na estrada AC-550, á altura dos depósitos de auga e a marquesiña, así como outro na avenida Ramiro Carregal Rey, coa finalidade de que os viandantes poidan cruzar desde o lado onde se sitúan os citados depósitos ata o Eroski Center e viceversa.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.