O PBBI pide que se habilite un importante estacionamento en superficie a carón do futuro auditorio de Ribeira

26 Febreiro 2020
Recreación do proxecto do novo auditorio municipal de Ribeira

O Partido Barbanza Independente (PBBI) que lidera Vicente Mariño vén de presentar, para ser abordada en pleno, unha moción sobre o vindeiro estacionamento do novo auditorio municipal ribeirense, “un dos proxectos máis ambiciosos do concello”, en palabras da agrupación, que tamén lembra que se trata dunha iniciativa longamente agardada (a iniciativa de “contar cun espazo axeitado para acoller a celebración de actos culturais e doutros ámbitos”). Precisamente pola relevancia do proxecto, o grupo de Vicente Mariño sostén que na contorna do futuro auditorio será preciso habilitar un espazo público de aparcadoiro en superficie, “un servizo de parking que é practicamente de obriga para calquera proxecto destas características que se prece”, informa a agrupación.

A necesidade de habilitar este servizo é aínda máis urxente, explica o PBBI, tendo en conta a situación administrativa na que se atopa o aparcadoiro subterráneo das proximidades do que será o futuro asentamento do auditorio. A solución desta situación administrativa, engade a agrupación, podería demorarse varios anos, sen que até ese intre se poida dispor do estacionamento na súa totalidade e durante as 24 horas do día e os 365 días do ano. “No PBBI entendemos que non se pode programar un evento nese auditorio tendo á xente dando voltas pola cidade buscando por un sitio onde deixar o seu vehículo”, apunta a agrupación no seu comunicado, poñendo o foco no que consideran, a maiores, unha oferta deficitaria de espazos para aparcar na cidade, polo que “o parking céntrico que propoñemos serviría para dar solución a este problema se se dota de prazas suficientes”. O PBBI tamén recorda que de non converterse en realidade este estacionamento en superficie a carón do futuro auditorio, acabaranse por rexistrar importantes embotellamentos na avenida Miguiel Rodríguez Bautista.

Por todo o devandito, a agrupación solicita que o Concello elabore un estudo dun proxecto para dotar da dita infraestrutura en superficie para o futuro auditorio municipal, “que poida dar servizo á cidade que padece un déficit de prazas para aparcar, e que se habiliten tantos espazos como sexan necesarios”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.