O obradoiro de curtas de Ribeira xa conta cunha ducia de novas promesas do audiovisual

12 Febreiro 2020

Ribeira estase a converter nun gran plató de ficción audiovisual. E faino grazas ao obradoiro de curtas que se celebra cada sábado no Espazo Xuvenil, ao abeiro das celebracións do Xacobeo, e no que participa xa unha ducia de rapazas e rapaces. Este mesmo sábado 8 de febreiro, as novas promesas do audiovisual de Barbanza, que asistirán ao devandito workshop até ben entrado o mes de abril, estiveron nunha proba na que se repartiron diferentes roles como aprendices de cámara, directores, escenógrafos ou actores e actrices.

Algúns dos asistentes, segundo indica o Concello de Ribeira, impulsor da experiencia, xa pertencían a grupos de teatro escolar de Ribeira. Durante estas primeiras xeiras de traballo tamén tiveron ocasión de escoller exteriores, decantándose por lugares como A Ameixida ou o paseo do Touro.

O Concello recorda que no transcurso deste obradoiro realizarase un audiovisual piloto vencellado ao Camiño de Santiago que, baseándose na obra Pórtico da Gloria de Villaamil, dará pé ao estudo das obras de arte xacobeas, poñendo o foco nas que rodean ao Camiño de Santiago arousán e marítimo que nace en Corrubedo, A Orixe.

O plan é que o alumnado “vaia indagando no contexto da obra plástica: cales foron os momentos no seu caso, as circunstancias que levaron á creación do intre reflectido na obra plástica… o contexto segundo o artista ou segundo a escena representada na obra”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.