O mestre Rodrigo Vila ofrece este venres un concerto no Conservatorio de Ribeira

13 Febreiro 2020

Esta fin de semana (venres 14 e sábado 15) vaise celebrar en Ribeira un novo encontro da Aula Galega de Saxofón e, do mesmo xeito que na anterior edición da xuntanza, incluirá unha actuación musical. Se no mes de xaneiro Rodrigo Vila, o profesor do espazo formativo, ofreceu un concerto a dúo con Martín Castro (ex alumno do Conservatorio de Ribeira e da Aula Galega de Saxofón), desta volta será un concerto en forma solista.

Rodrigo Vila ofrecerá un concerto este venres 14 ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio ribeirense e o programa incluirá obras de Johann Sebastian Bach, Luciano Berio, François Rossé e Javier Girotto.

O Concello de Ribeira lembra que o mestre Vila é o profesor tamén dun seminario nunha cidade china próxima a Wuhan ao que acode cada dous meses, pero nesta ocasión debido aos problemas de comunicación e mobilidade derivados do andazo do coroavirus, o seminario foi aprazado e, de acordo co alumnado da Aula Galega (que se celebra unha vez ao mes no Conservatorio con presenza de estudantes de saxofón de toda a xeografía galega), Rodrigo adiantou a súa visita a Ribeira unha semana xa que estaba prevista para o fin de semana do 21 e 22.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.