O Hospital da Barbanza realizou 3.827 intervencións cirúrxicas e 90.598 consultas no 2019

08 Febreiro 2020

No último ano o centro comarcal, inmerso nunha obra de ampliación das urxencias, medrou significativamente en prestacións, dotación, infraestruturas e recursos humanos. O centro de Oleiros atende actualmente unha poboación de 62.869 persoas (4,6% menos que hai 10 anos).

No hospital realizaronse 77.086 probas diagnósticas, 90.598 consultas e 3.827 intervencións cirúrxicas no pasado 2019 atendendo unha poboación de 62.869 persoas (4,6% menos que hai 10 anos).

O máis destacado, e que se está a levar a cabo en canto á infraestruturas, é a ampliación das Urxencias, coa primeira e segunda fase xa rematadas. Este mércores entraron en funcionamento as novas instalacións correspondentes á fase dúas da obra.

Con respecto aos recursos humanos do centro de Oleiros, no último ano incorporáronse ao cadro de persoal 4 médicos, un celador e unha nova supervisora, amais de dúas enfermeiras e unha auxiliar para o Servizo de Diálise que incrementou o horario de asistencia permitíndolle a todos os pacientes da zona que precisen dializarse, facelo no hospital da Barbanza sen necesidade de trasladarse a Santiago.

Entre as novas técnicas cirúrxicas implantadas o ano pasado está a intervención por laparoscopia do cancro de colon e hernias inguinais. Os quirófanos sufriron reparacións dos teitos, que tamén se melloraron na zona de esterilización e de residuos. Asemade realizáronse obras para os equipos de rehabilitación cardíaca a fin de poñer en marcha esta prestación, convertendo o Hospital da Barbanza no primeiro comarcal en contar cunha unidade destas caracterísiticas.

Cómpre destacar que entre as novas prestación están as que ofrece o Servizo de Rehabilitación. Desde hai uns meses este centro conta cunha unidade de Solo Pelviano co respectivo equipamento; unha escola de ombro e ondas de choque en rehabilitación, servizo que ademais se mellorou coas obras de ampliación do ximnasio que se dotou con bicicleta, ondas de choque, desfibrilador, microondas, unha cinta, pulsómetro, tensiómetro e glucómetros.

Dende mediados do 2018 o centro conta cun novo laboratorio dotado co equipamento máis avanzado: contador dixital de fórmulas sanguíneas, axitador rotativo e de plaquetas, seladora, conxelador e neverias.


Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.