O Grupo Breogan potenciará Arousa Norte

15 Febreiro 2020

Boiro acolleu a presentación do proxecto do Grupo Breogan . O obxectivo é sacar partido á potencialidade da ría de Arousa. Trátase de ampliar a actividade turística actual que nestes intres potenciase de xeito separado en Arousa Norte e Mancomunidade do Salnés e as Deputacións da Coruña e de Pontevedra.

A intención do Grupo Breogán é sacar proveito da marca Arousa  explotando conxuntamente recursos que van desde o Complexo Ons-O Grove o Parque Natural de Corrubedo, desde o xacemento de Adro Vello o Dolmen de Axeitos ou desde os petroglifos de Bamio e os de Rianxo.

O acto de presentación da iniciativa tivo lugar no Hotel Jopi, integrado no Grupo Breogan que ten amais o MS de Escarabote e que compoñen as familias Devesa Mascato e López Fraga. Con eles arranca unha iniciativa que busca impulsar outros proxectos paralelos para desenvolver turísticamente a comarca. A presentación do proxecto contou coa participación dos alcaldes de A Pobra e Boiro e concelleiros de Ribeira e Rianxo.

Acto de presentación no Hotel Jopi Boiro. Foto cedida.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...