O Entroido da Pobra colle impulso rendendo homenaxe a Valle-Inclán

14 Febreiro 2020

O Entroido na Pobra vén tocado polo espírito humorístico, crítico e festivo que acompañou boa parte da obra dun dos seus veciños máis ilustres: o célebre escritor Ramón María del Valle-Inclán. Este espírito acompaña dúas das grandes actividades deste mes de febreiro na Pobra, por unha banda o Entroido Esperpéntico dos anos 20 e 30, que se celebra o 22 de febreiro na praza do Cantón da Leña, e, pola outra, o Obradoiro de Máscaras Esperpénticas dos días 8 e 15 de febreiro (os sábados) na praza Maior. Por se isto fose pouco, o Concello tamén impulsou unha actividade para os máis pequenos da casa, A Pequetroula do Entroido, que se celebra todos os venres pola tarde na Praza de Abastos, e que achega actividades de lecer para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.

O Entroido Esperpéntico dos anos 20 e 30

Este 22 de febreiro temos na Pobra unha cita cunha máquina do tempo que nos vai levar a un intre concreto da nosa historia máis ou menos recente: os tempos do escritor Valle-Inclán, o inventor do xénero literario do esperpento. Na praza do Cantón da Leña, o Concello vai recuperar a época na que viviu o seu ilustre veciño, autor de Luces de Bohemia e Divinas palabras (dúas das súas obras máis esperpénticas, precisamente), cunha ampla programación de actividades choqueiro-creativas. Haberá música, disfraces e concursos e obradoiros de de máscaras, tanto para o público infantil coma para a xente adulta. Amais, proxectarase a obra literaria Los cuernos de don Friolera, de Valle-Inclán, no auditorio do museo que leva o seu nome. Xa case ao rematar o día escollerase o gañador ou a gañadora do premio á mellor máscara feita no Obradoiro de Máscaras Esperpénticas (persoas adultas) que se desenvolve os sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior.

Obradoiro de Máscaras Esperpénticas

O Concello quixo este ano que o Entroido fose creativo e participativo. Deste obxectivo xurdiu o Obradoiro de Máscaras Esperpénticas, unha actividade na que se convida a nenos e maiores a realizar material de Entroido en diferentes emprazamentos segundo a idade dos participantes: a rapazada (até 12 anos) porase mans á obra na Pequetroula do Entroido (tódolos venres de febreiro na Praza de Abastos) e os maiores os sábados 8 e 15 de febreiro no posto da praza Maior da Pobra, dende as 17.00 ata as 21.00 horas. Como dixemos máis arriba, a gañadora ou gañador darase a coñecer o sábado 22 de febreiro, xa na recta final da xornada.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.