O CS de Boiro acolle este venres 14 a presentación de A xestión cultural en Galicia

11 Febreiro 2020

Este venres 14 de febreiro celébrase no Centro Social de Boiro a presentación do libro A xestión cultural en Galicia, unha publicación-investigación que bota luz sobre o sector cultural da nosa terra, na nosa lingua, e as súas perspectivas profesionais (as perspectivas dos eidos da edición, o audiovisual, as artes plásticas ou a música, entre outros). O acto está previsto para as 20.00 horas, no Centro Social de Boiro.

Segundo fai saber o Concello, a publicación tivo unha primeira difusión dixital, da man do xornal Praza Pública e agora vén de dar o chimpo ao formato libro, tradicional, grazas ao selo Andavira. Na obra analízase de xeito pormenorizado a situación actual dos ámbitos da edición, do audiovisual, das artes plásticas, da música e, tamén, das diferentes canles de financiamento para sacar adiante proxectos individuais ou colectivos de ámbito cultural. Tamén se abordan nas súas páxinas os principais atrancos, desafíos e oportunidades do sistema cultural galego.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.