O Concello de Ribeira pavimenta sete camiños nos Areeiros

07 Febreiro 2020

O Concello de Ribeira informa esta semana do desenvolvemento duns traballos para acondicionar os viarios de Os Areeiros, na parroquia de Castiñeiras. Os labores consisten na pavimentación de sete camiños emprazados no devandito núcleo, máis concretamente na contorna da estrada DP 7307 que une Santa Uxía e Aguiño ao seu paso pola parroquia de Castiñeiras, nas proximidades da praia do Castro-Catía.

Segundo informa o Concello, os camiños estaban dotados de firme aglomerado, pero este atopábase deteriorado polo uso e polas inclemencias do tempo, polo que se fixo necesario aplicar nos sete camiños (de 132, 12, 24, 37, 29, 54 e 70 metros de lonxitude) unha mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. Como paso previo á conclusión da obra, o Executivo ribeirense lembra que só resta o marcado da sinalización viaria e o recrecido das tapas de rexistro. A obra foi executada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A., e supuxo un investimento de 22.958 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.