O Concello da Pobra mostra á veciñanza a importancia de reciclar aceite e como facelo

10 Febreiro 2020

O Concello da Pobra, a través da súa área de Medio Ambiente, vai organizar esta semana unha serie de charlas informativas sobre o aceite de cociña que empregamos decote no noso fogar ou no noso local hostaleiro e as posibilidades que ofrece, cada vez maiores, en materia de aproveitamento. Por suposto, tamén se porá o foco en como favorecer a súa reciclaxe. As charlas desenvolveranse este martes 11 e mércores 12 de febreiro en diferentes recantos do concello.

O obxectivo, en palabras do Concello, “é dar a coñecer a importancia de usarmos tódolos colectores laranxas de reciclaxe de aceite de cociña que hai polas rúas da nosa vila”. As charlas celebraranse polas mañás nos colexios da Pobra e ao mediodía, ás 12.30 h, na praza de abastos. Polas tardes as sesións estenderanse ao auditorio do Museo Valle-Inclán (o día 11 ás 18 h coa Asociación das Amas de Casa) e ao Centro Sociocomunitario do Benestar (o mércores 12 ás 17.00 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.