O Concello boirense traballa na posta en marcha dunha Escola Oficial de Idiomas

20 Febreiro 2020

O Concello de Boiro vén de realizar unha solicitude formal á Conselleira de Educación para iniciar os tramites para a apertura dunha Escola Oficial de Idiomas (EOI) no municipio, pois, segundo manifestan, trátase dunha proposta “moi demandada” dado que os boirenses se desprazan ata Ribeira ou Noia.

Previamente, a concellaría de Educación efectuou unha análise dos potenciais usuarios deste servizo coa finalidade de elaborar un dossier argumentado dos motivos polos que se quere implantar. Así mesmo, a Administración local barallou os centros nos que se podería instalar coma, por exemplo, o IES Espiñeira e A Cachada ao dispoñer de aulas libres.

O alcalde José Ramón Romero e a edil de Educación, María Outeiral, teñen xa solicitada unha cita coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, co obxectivo de presentarlle esta proposta entre outras nas que se está a traballar para poder levar a cabo no municipio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.