O BNG ribeirense pronúnciase sobre as obras de pavimentación dun tramo viario da fachada marítima da cidade

18 Febreiro 2020

Os nacionalistas de Ribeira veñen de pronunciarse sobre as obras de pavimentación que se iniciaron esta mesma mañá no tramo viario comprendido entre as rotondas de Amas de Casa e de Padín. O voceiro do grupo municipal, Xosé Vázquez Cobas, e a responsable de acción social, Cruz Rivadulla, explicaron que rexistraran a pasada semana un escrito en Portos de Galicia a este respecto, reprochándolle que existía un atraso na mellora do firme do García Bayón, razón pola cal aseguraron que “a persistencia do Bloque para que se mellorase o firme da estrada deu froitos.”

Así mesmo, sinalaron que no mes de abril de 2017 presentaran unha iniciativa na que se solicitaba que o Concello instase ao ente público para a realización da referida actuación. Seis meses máis tarde, o BNG manifestou que rexistraran outra iniciativa na que se inquiría ao goberno local maior implicación na esixencia a Portos, así como os prazos que se estimaban para que se efectuase.

Neste senso, afirmaron que “a iniciativa presentada polo Bloque permitiu que a avenida do Malecón fose asfaltada na súa totalidade mais non sabemos o motivo que levou a ambas administracións, Portos por incumprimento e o Concello de Ribeira por omisión cun goberno que mira para outro lado, se deixou o García Bayón sen asfaltar.”

Vázquez Cobas sostivo que “non é normal que un compromiso que se adoptou en 2017 e se volveu confirmar en 2019 estea sen executar en 2020”, precisando que Portos de Galicia e o Concello asinaron en novembro do pasado ano un convenio no que se recolle un investimento de preto de 42.000 euros para os labores de pavimentación da referida vía. En relación a isto último, apuntou que “recriminamos a demora na realización desta obra que é moi necesaria, pois a estrada presentaba fochancas de tamaño considerábel, mesmo en pasos de peóns que provocan riscos de seguranza viaria. As consecuencias da mala xestión do PP non deberían ter que pagalas os veciños e veciñas.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.