O BNG de Ribeira pide o arranxo e instalación de fontes públicas

21 Febreiro 2020
O voceiro do BNG de Ribeira, Xosé Vázquez Cobas

O Bloque Nacionalista de Galicia de Ribeira vén de presentar unha iniciativa que pon o foco nas fontes públicas e na necesidade de mellorar ao seu mantemento, no caso de habelas, ou de instalalas nos lugares onde sexan precisas. O voceiro da formación local, Xosé Vázquez Cobas, fixo saber que a proposta está baseada no principio fundamental do acceso á auga, que debe estar sempre presente en calquera sociedade de progreso pero que, indica a agrupación, non se aplica en determinados lugares do concello. Os nacionalistas cren que Ribeira debera “comezar a dotar os seus espazos públicos de fontes de auga nas que a veciñanza poida calmar a súa sede sen ter que mercar auga embotellada”.

O voceiro da formación tamén fai fincapé na “necesidade de garantir o bo funcionamento das infraestruturas existentes”, como as fontes do paseo marítimo das Carolinas e Coroso que, “malia ser un dos máis transitados pola veciñanza”, indica, “atópanse nun estado de mantemento deplorábel”. Vázquez Cobas tamén lamenta que en obras novas como o paseo do Touro carezan deste servizo “fundamental” o que, nas súas palabras, “deixa en evidencia que o Partido Popular non planifica as obras que se realizan”.

Desde o BNG propoñen “que se instalen fontes públicas de auga potábel en espazos públicos que teñen un fluxo considerábel de persoas como prazas, parques e paseos marítimos, pois o acceso á auga é un dereito básico”. Estas medidas, din, contribuirían ademais a reducir a presenza de recipientes plásticos auga embotellada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.