O BNG de Boiro solicita que se arranxe o SkatePark da praza da Boqueira

11 Febreiro 2020

O Bloque Nacionalista de Boiro vén de presentar, para ser tratada en pleno, unha moción relativa á instalacións do SkatePark da praza da Boqueira en A Negral. Segundo fai saber o grupo que coordina Raquel Suárez, a moción ten a súa orixe nas queixas dos usuarios das ditas instalacións, relativas en boa medida ao seu estado de conservación e mantemento, que, segundo indican, non é o mellor dos estados posíbeis.

Segundo indica o BNG, tanto os skaters que acoden á praza como as familias dos escolares que a visitan no seu tempo de lecer detectaron que “presenta importantes deficiencias froito do desgaste e do paso do tempo, que deben ser arranxadas canto antes, por entender que son un perigo para a comunidade de usuarias e usuarios”.

O BNG lembra que as reclamacións veñen de antigo, e que xa anterior lexislatura a agrupación nacionalista presentou un escrito no Concello alertando das eivas de mantemento do SkatePark, unhas eivas “que persisten a día de hoxe, sendo o seu estado cada día máis lamentábel por razóns evidentes”, explica a agrupación, lembrando a importancia “dun arranxo inmediato”.

Outros artigos

O alcalde de Boiro reúnese este mércores coa veciñanza de Cespón

O Concello de Boiro celebra esta semana unha nova actividade de participación veciñal: un novo encontro coa veciñanza dos núcleos baixo o epígrafe Un café co alcalde e destinado a atender as demandas e necesidades da xente das parroquias. A cita será este mércores 22...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.