O BNG de Boiro fai un chamamento a participar na manifestación deste domingo a prol da sanidade pública

07 Febreiro 2020

O BNG de Boiro celebrou hoxe unha rolda de prensa diante do Centro de Saúde do Saltiño para dar a coñecer as principais motivacións da agrupación, a nivel municipal pero tamén no eido comarcal e galego, para participar na manifestación que se celebra este domingo en Santiago, ás 12.00 horas, e defender un sistema de saúde de calidade e non privatizado. A mobilización vén da man da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galiza, plataforma na que tamén participa o BNG, entre outras organizacións de todo tipo.

A agrupación boirense aproveitou a rolda cos medios para facer un chamamento á cidadanía de Boiro para que se sume á manifestación e comparta o que cualifican de “xusta e necesaria reclamación”. Para este fin, o grupo nacionalista local vai achegar autobuses de balde que sairán ás 10.30 horas da marquesiña de diante da Casa do Concello e que regresarán unha vez rematada a concentración en Compostela.

Sobre as motivacións concretas que alentan a protesta, o BNG de Boiro fixo saber que “que fai falta un aumento de orzamento na sanidade máis tamén é preciso un modelo de xestión de xeito que remate coas listas de espera, que acabe coa precariedade laboral do persoal sanitario, que mellore os hospitais comarcais e os puntos de atención primaria, que reconverta servizos privatizados, que desenvolva plans de atención á saúde mental e á saúde da muller e que acabe co co-pago farmacéutico”.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.