O alumnado de O Pote lócese cunha degustación de doces do Entroido no Mercado de Ribeira

20 Febreiro 2020

A primeira das degustacións de produtos típicos de Entroido ofrecida polo obradoiro gastronómico O Pote, centrado en achegar recursos de empregabilidade hostaleira dende Ribeira, saldouse finalmente cun notábel éxito dende todas as vertentes: non só pola calidade dos pratos conseguidos senón pola importante participación veciñal acadada no escenario da degustación, a mesa situada no acceso principal ao Mercado ribeirense.

Guiados polo seu profesor Patxi Movilla, os quinte alumnos que están a cursar este taller formativo prepararon na Escola de Hostalería do segundo andar do edificio unha nutrida oferta gastronómica de doces típicos (rosquillas, filloas, orellas ou flores) que logo repartiron a pé de rúa Galicia. Segundo informa o Concello, a degustación coas veciñas e veciños foi aproveitada para achegarlles información sobre o contido e obxectivos deste obradoiro de emprego.

Cómpre lembrar que O Pote é un obradoiro dual de emprego sobre cociña que se puxo en marcha no pasado 30 de outubro e ten unha duración de nove meses. Está promovido e coordinado polo Concello a través da Concellería de Emprego e Promoción Económica que dirixe Ramón Doval e conta co co-financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.