Nutrida asistencia na presentación da reedición facsimilar de “LA PERLA AGRÍCOLA” en Palmeira

08 Febreiro 2020

Numerosos veciños acudiron ás instalacións da Sociedad Hijos de Palmeira
con motivo da presentación da reedición facsimilar do libriño pedagóxico “La Perla Agrícola”, publicado no ano 1885 por quen fora mestre da escola pública desta localidade, Ignacio Martínez Malvido.
O alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura María Sampedro; Noelia Rebollido como directora do CEIP de Palmeira; Emilio Pérez como presidente da Sociedad Hijos de Palmeira; e Francisco Antonio Vidal en representación da asociación Barbantia, que colabora nesta reedición, efectuaron as intervencións ante un público nutrido que contou coa presenza de diferentes concelleiros da Corporación e incluso unha bisneta do profesor Ignacio Martínez, do que no 2020 se cumpren 90 anos do
seu pasamento.
Ruiz Rivas significou este tipo de accións para conservar a memoria dos pobos e lembrou outras recentes recuperacións de obras hoxe racticamente imposibles de atopar, como foi o caso “Pandemonium”, de Manuel Lustres Rivas, ou como será no futuro o dos escritos do riveirense Agustín Fernández Oujo.
Francisco Antonio Vidal destacou a faceta do profesor de Ignacio Martínez Malvido como cronista de Palmeira na súa época e colaborador ornalístico. Como exemplo disto último, no volume tamén se recolle un artigo que en outubro de 1882 dirixiu ao periódico entón acabado de nacer La Voz de Galicia. Cada asistente recibiu un exemplar do libriño, de pouco máis de sesenta páxinas.

Acto de presentación de “LA PERLA AGRÍCOLA”. Cedida
Acto de presentación de “LA PERLA AGRÍCOLA”. Cedida
Acto de presentación de “LA PERLA AGRÍCOLA”. Cedida

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.