Medio Rural visita as obras para converter en miradoiro de 360º o pico da Muralla

19 Febreiro 2020

O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou este mércores 19 o pico da Muralla e os traballos que se están a facer para converter en miradoiro e emprazamento de interese turístico este outeiro situado entre os concellos de Lousame e Rianxo, traballos impulsados polos gobernos locais destes dous concellos barbanzáns e que recibiron unha axuda da Consellería a través da axencia AGADER. Na súa estadía no alto da Muralla, González estivo acompañado dos rexedores de Rianxo e Lousame, Adolfo Muíños e María Teresa Villaverde.

Segundo fixo saber, o proxecto do pico da Muralla é un exemplo de iniciativa que tenta dinamizar económica e socialmente o rural ao tempo que “defende e promove os valores culturais, paisaxísticos e naturais de Galicia”.

Nas súas palabras, “a construción deste miradoiro nun entorno natural protexido e con materiais que respecten as condicións medioambientais convérteno nun reclamo para excursionistas e para camiñantes”.

As obras que se están a realizar no pico comezaron na recta final de 2019, tal e como lembramos dende O Barbanza. Trátase dunha actuación impulsada conxuntamente polos ditos concellos, contando cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que con 40.000 euros está a financair parte do seu custe. Ademais, conta coa colaboración de Comunidades de Montes como a do Vilar, Campelo e Cerqueiras que cedeu terreos para aparcadoiro.

Os labores de acondicionamento, xa avanzados, converterán o cumio do monte nun recurso turístico que potenciará a zona e ofrecerá unha ampla panorámica, podendo divisarse a ría de Arousa, a de Muros e Noia ou Santiago, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.