Medio milleiro de nenas e nenos de Ribeira celebran este martes o Día de Rosalía

17 Febreiro 2020

Este martes o Concello de Ribeira vai desenvolver unha actividade inserida nos actos conmemorativos do Día de Rosalía de Castro, que se celebra oficialmente este mesmo mes, o día 24 (data do seu nacemento en 1837). A cita deste martes, dirixida ao alumnado local de Primaria, é un espectáculo teatral para render tributo á célebre escritora galega e ás súas importantes contribucións en materia de literatura, feminismo, empoderamento e defensa da nosa identidade e da nosa lingua. Está previsto que participen medio milleiro de estudantes de Primaria.

Segundo informa o Concello, a celebración deste martes é unha celebración adiantada por un motivo concreto: a coincidencia, o 24 de febreiro, coa festividade do Entroido en período non lectivo. A homenaxe incluirá un espectáculo teatral de Xarope Tulú que levará por título Rilla Rilla. Haberá dous pases no Auditorio Municipal, un ás 10 e outro ás 12 horas. O Concello engade que asistirán en total máis de 500 nenos e nenas de todos os centros de Primaria do municipio. Ao rematar o espectáculo farase unha pequena reflexión sobre a figura de Rosalía e lerase colectivamente o seu poema Cantarte hei, Galicia de Cantares Gallegos, e rematarase co Parabéns para ti como celebración deste aniversario (183 anos).

Respecto do espectáculo teatral, a representación de Rilla Rilla, é unha peza que “fala da lingua viva, da realidade oral da que Rosalía bebeu na súa obra”. Segundo engade o Concello, “trátase dunha obra na o público participa en todo momento cos actores, para pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma, a riqueza da lingua e a través do relato vaise mergullando nun mundo de seseos, gheadas, rotacismos, un lugar con idiosincrasia propia que estivo aí sempre e ao que poucas veces lles poñemos atención”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.