Medio Ambiente informa en Casalnovo (Ribeira) das axudas deste ano para conservar espazos naturais, que veñen con 5,3 millóns

03 Febreiro 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estivo hoxe no concello de Ribeira dando a coñecer as axudas do presente ano para, nas súas palabras, “impulsar a conservación dos espazos naturais de Galicia”. A conselleira fixo balance destas partidas (que suman un importe global de 5,3 millóns de euros e que están co-financiadas polo Fondo FEADER) no núcleo de Casalnovo, na parroquia de Artes, na contorna do Parque Natural de Corrubedo, onde se están a desenvolver traballos para recuperar a importante riqueza medioambiental da zona, moi afectada polas repetidas vagas de lumes, pola presenza do eucalipto e, tamén, pola degradación xerada por unha canteira. A titular de Medio Ambiente estivo acompañada pola veciñanza e polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas.

Vázquez, que lembrou que os labores desenvolvidos en Casalnovo tamén foron obxecto das ditas axudas (ao abeiro das convocatorias previas), fixo saber que destes incentivos para a conservación e o desenvolvemento sustentábel da rede de espazos protexidos, un total de 1,8 millóns de euros irán dar á media ducia de parques naturais galegos e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, e 1,5 millóns de euros en actuacións en ámbitos da Rede Natura.

Segundo fixo saber, “os grandes obxectivos deste tipo de axudas son conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia, promover a xestión sustentábel dos recursos e mellorar a calidade de vida da poboación rural”. Nun plano máis concreto, os incentivos permiten recuperar paisaxes, construír elementos que contribúen ao ordenamento (muros, cercas, sebes), sinalar camiños e crear roteiros ou “poñer en valor elementos históricos patrimoniais ou culturais da paisaxe agraria tradicional, como hórreos, miradoiros, cabanas, valados, fontes…”.

Vázquez recordou que os traballos levados a cabo en Casalnovo comparten este espírito de conservación e posta en valor do tradicional: permitiron a rehabilitación da cuberta dun alpendre (para o que obtiveron unha axuda de 12.000 euros), e o peche da parcela cun acabado tradicional (para o que a Xunta tamén achegou outros 12.000 euros).

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.