Máis de cincocentos deportistas inscritos no Open Nacional de Taekwondo ‘Cidade de Ribeira’

20 Febreiro 2020

O municipio ribeirense converterase en epicentro deportivo con motivo do Open Nacional de Taekwondo ‘Cidade de Ribeira’ que se celebrará na Fieiteira do 29 de febreiro ao 1 de marzo. Unha cita que conta coa inscrición de máis de 500 deportistas na modalidade técnica, sendo puntuable para disputar o campionato do mundo que terá lugar en Dinamarca. Así o desvelaron esta tarde o alcalde Manuel Ruiz; a concelleira de Deportes, Juana Brión; o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz; e o presidente do Natural Sport, José Francisco Agrelo.

Actualmente está confirmada a presenza de catro seleccións autonómicas, ademais de Galicia (Andalucía, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León), así como ao redor de 40 clubs procedentes de tódolos puntos da xeografía estatal. A competición arrancará a partir das 09.00 horas no recinto polideportivo, sendo a entrada gratuíta para quen desexe asistir.

O rexedor destacou a boa noticia que supón este torneo “de primeiro nivel” para o municipio, tanto no eido deportivo coma económico, pois rexistrará unha gran afluencia de persoas. No que respecta ao Natural Sport, salientou a súa faceta solidaria, o dinamismo e as iniciativas. Así mesmo, anunciou que se está traballando para poder contar cun centro de tecnificación comarcal de taekwondo, proxecto que agarda que se cristalice antes deste verán, coa finalidade de “intentar subir o nivel xa de por si alto desta comarca e facilitar a preparación olímpica de deportistas como Álex Vidal.”

Pola súa parte, Juan Carlos Eiriz augurou que esta cita será “un éxito a nivel deportivo e económico”; mentres que a edil Juana Brión convidou a veciñanza e visitantes a acudir ao espectáculo.

Finalmente, José Francisco Agrelo especificou que do medio millar de deportistas, 100 pertencen á categoría infantil, 250 adultos e o resto correspóndense coas de freestyle, tríos e parellas. Tamén avanzou que se está en contacto coa hostalería local co obxectivo de ofrecer facilidades aos participantes para coñecer os recursos gastronómicos e de aloxamento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.