La Urbana Store, distinguida como premio á decoración hostaleira de Ribeira

06 Febreiro 2020

A tenda de roupa La Urbana Store, emprazada en pleno centro neurálxico de Santa Uxía (no 27 da rúa de Galicia), vén de proclamarse gañadora do Concurso de Escaparatismo e Decoración Hostaleira que organizaron a Asociación e Empresarios e mailo Concello de Ribeira. La Urbana Store é un referente local, comarcal e galego en roupa, complementos e tendencias. Como lembraremos, abriu as súas portas hai case dous anos da man do emprendedor local Álvaro Muñiz, que comezou a súa aventura comercial en Ribeira co arela de achegar un alternativa “multimarca” para xente desenfadada e con gusto polos estilos urbanos.

Volvendo ao premio concedido, tivo como a base a decisión dos votantes no certame, que escolleron La Urbana entre os 27 establecementos participantes tal e como se comprobou ao efectuar o correspondente escrutinio no Centro Cultural Lustres Rivas o 21 de xaneiro.

O alcalde Manuel Ruiz e o presidente do colectivo empresarial, Francisco Martínez; así como os concelleiros Ramón Doval e María Sampedro, desprazáronse ata a tenda situada da rúa de Galicia para entregar a Álvaro Muñiz o obsequio e o diploma conmemorativos do concurso de decoración, ideado coa finalidade de contribuír á dinamización do tecido comercial do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.