Iniciadas as obras na estrada AC-550 ao seu paso por Ribeira

19 Febreiro 2020

A Xunta inicia as obras de renovación de beirarrúas e pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo concello de Ribeira, entre Padín e Deán Pequeno. Os traballos, adxudicados por preto de 250.000 euros á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L., teñen un prazo de execución duns 3 meses.

A actuación consiste na mellora e reposición de toda a beirarrúa deteriorada da AC-550, na súa marxe esquerda no seu acceso á poboación, entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+870, na avenida de Ferrol. E na súa marxe dereita actuarase entre os puntos quilométricos 107+460 e 107+870.

Os traballos inclúen a substitución do pavimento, colocando novas baldosas de formigón en branco ou gris e novos bordos. Poñeranse a cota do novo pavimento as arquetas e os pozos de rexistro nas zonas de actuación, e modificaranse os pasos peonís actuais.

Ademais, mellorarase a drenaxe, aumentando o número de sumidoiros na marxe esquerda de modo que a separación entre eles sexa menor de 30 metros. Pola súa parte, a marxe dereita carece de sumidoiros, polo que resulta preciso instalar un novo colector de pluviais conectado mediante pozos de rexistro a novos sumidoiros.

Así mesmo, entre os puntos quilométricos 107+700 e 107+775 o colector de fecais atópase en mal estado, razón pola cal se efectuará a súa reposición.

Con estas actuacións o departamento de Infraestruturas da Xunta “continúa a traballar para mellorar e conservar a rede viaria autonómica, ofrecendo unhas estradas cómodas e seguras para todos os seus usuarios e fomentando o desenvolvemento económico e social dos municipios.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.