Gastronomía e cultura para conmemorar o Día de Rosalía de Castro na Pobra

19 Febreiro 2020

A Pobra do Caramiñal súmase aos actos de conmemoración con motivo do Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, Arrancadeira foi a asociación do tecido social que organizou a programación xunto ao Concello. Así, os asistentes terán a oportunidade de achegarse á figura da nomeada intelectual nunha cita que mestura gastronomía e cultura sen esquecer o aspecto lúdico. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, acompañados de Antía López, Natalia Fernández, Carla Brión e Isabel García, todas elas integrantes de Arrancadeira.

O Cantón da Leña converterase o domingo 23 en epicentro de diversas actividades que se desenvolverán de 12.00 a 15.00 horas. Neste senso, convídase a veciñanza e visitantes a degustar o Caldo de Gloria, repartíndose de balde e empregándose a cociña portátil municipal para a súa elaboración. Esta iniciativa inspírase no poema Miña casiña, meu lar, onde a autora explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Tamén haberá música e baile tradicional, participación de Argalleiros de Santiago, así como lectura de poemas, entre outros. No que respecta á xornada do luns 24, procederase cun acto institucional no que se efectuará a lectura dun manifesto e ofrenda floral na praza de Rosalía de Castro, a partir das 13.00 horas. A edil Patricia Lojo aproveitou a súa intervención para expresar o seu agradecemento á Fundación Rosalía pola cesión de diverso material divulgativo.

Pola súa parte, Antía López referiuse ás propostas do día 23 e fixo un chamamento para que residentes doutros concellos se acheguen para tomar parte da cita, pois sinalou que “queremos que a figura de Rosalía se difunda, non só entre os maiores, tamén entre os nenos.”

Finalmente, o mandatario local destacou a dimensión desta data e precisou que quixeron reforzar a homenaxe coa programación do domingo 23 para “conmemorar a figura e importancia desta escritora, a súa relevancia no feminismo e orgullo que significa para nós como galegos e galegas.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.